![]()
|
A Capela | ||||||||||||
A Capela é un concello formidable para poder observar a gran variedade de paisaxes que reúne esta comarca. Pechada ao norte pola Serra do Forgoselo, vai descendendo ata o val do Eume por unha ampla chaira de campos de labor dedicados á alimentación do gando vacún. Antigamente gozou de gran relevancia pola importancia económica e política do mosteiro de Caaveiro, agora en ruínas, ao que se baixa o Parque Natural das Fragas do Eume. As paisaxes, a frondosidade da vexetación, a agradable camiñada e a visión das ruínas do mosteiro entre as árbores son unha experiencia inesquecible. Que ver: As ruínas do mosteiro de Caaveiro, fundado por San Rosendo no século X. A capela das Neves, que lle dá nome ao concello, preto dun penedo ligado a cultos precristiáns e dunha fonte de auga bieita. Os muíños do Sesín e do Teixido, dende os que se pode baixar ata a central hidroeléctrica, mirador de impresionante beleza. O Forgoselo, serra que combina mestramente dous ecosistemas: o queirogal e as brañas ou turfeiras, tesouros de difícil equilibrio ecolóxico. A Rapa das bestas. Festa e traballo gandeiro que se celebra a mediados de setembro no Forgoselo. Recursos turísticos: Casas rurais: A Lagoa e Castoar Albergue: Barreiro Cantina: Casa Pepe |
|||||||||||||