|

|
A magnífica
contorna de tres espacios naturais de máxima importancia, a forza da minería,
a historia, a arte e os métodos de recuperación do solo falan das Pontes como
dun obxectivo turístico de primeira magnitude. A explotación das minas de
lignito a grande escala comezou en 1942 e especialmente en 1976, coa
instalación da central térmica de Endesa, un dos edificios máis grandes de
Galicia e a cheminea más alta de Europa.
No ano 1376, Henrique II de Castela concedíalle o señorío da vila das Pontes
ao cabaleiro García Rodríguez de Valcárcel. Desa época quedan restos no
barrio vello e nas pontes medievais que lle deron nome.
Que ver:

As pontes medievais:
Unha no medio da vila, sobre o Eume, entre fermosas casas e nun conxunto
acolledor. A do Chamoselo, por onde pasaba o camiño romano de Lugo á Coruña,
consérvase máis pura co seu arco único.

O Parque Natural das Fragas do Eume, ás beiras do encoro. A vista sobre as
fragas e o canón, dende Os Cadavás, é magnífica.

O macizo do Forgoselo, con extensas veigas, importantísimas polo seu
valor ecolóxico e xeolóxico.

O monte Caxado, na Serra da Faladoira, o cume máis alto da provincia
cos seus 752 metros.

Áreas recreativas do Caneiro e Vilarbó.
Recursos
turísticos:

Casa rural
Roca
Turismo activo: piragüísmo
Actividades: Casa do Mel (Asociación galega de Apicultura)
¿onde
comer?
Pechar
|

|