As Somozas

Habitantes: 1.506 habitantes
Extensión: 71 km2
Casa do Concello: A Igrexa, 1
Tlf.: 981 404 101
Fax: 981 404 205
Máis información na web da deputación

 
As Somozas

As Somozas é actualmente un pequeno concello interior, de ricas paisaxes, refuxio de pesca, abeiro de visitantes que desexan gozar das ribeiras dos seus ríos ou das magníficas vistas que se contemplan dende os seus cumes. Pero no horizonte esperta un novo turismo industrial congregado ao redor do parque industrial e das novas tecnoloxías do tratamento de residuos.

O concello das Somozas goza dunha topografía bastante accidentada -corutos como a da Vilalbesa (583 m) ou a Pena dos Ladróns (620 m)-. Entre estes montes, vanse sucedendo na paisaxe valgas e valiñas, que lle permiten ao camiñante ou ao conductor dexergar fermosas vistas dende as súas pendentes.


Que ver:

A área recreativa da Queiroga, ao pé do río Mera, contorna moi visitada por pescadores aquelada para os xantares de campo.

O parque empresarial (325.953 m2) que vira ao redor do prometedor sector do tratamento de residuos.

A igrexa barroca do Apóstolo, no que foi Seré de Somozas e agora se lle chama A Igrexa.

A ermida de San Roque, en Recemel.


Pechar