|

|
Cabanas, en
inverno, é un concello pequeniño. Pero no verán estoura de visitantes,
especialmente na zona costeira -10.000 residentes e ata 200.000 turistas
ocasionais-. Isto é así gracias ao principal interese turístico do concello,
o magnifico areal da Magdalena, punto de lecer da burguesía da comarca
durante os últimos cen anos. Desa época queda unha colaxe de vivendas de
diferentes estilos e épocas, mais non é o único encanto do concello, porque
ao oeste nacen as fragas, os ríos e os paseos.
Mais non todo é beiramar. Contra o leste do concello, Cabanas faise esgrevia
e fermosa, inzada de paisaxes para camiñar ou para contemplar desde os
miradores.
Que ver:

O Pazo de Rioboo,
fronte á igrexa parroquial de Santo André, levantado polo arcebispo de
Santiago, Francisco de Seixas e Losada. Un dos posuidores do pazo foi o
importante zoólogo Víctor López Seoane (1834-1890). O seu estudio e
coleccións de historia natural consérvanse precisamente entre o pazo de
Rioboo e a Casa das Ciencias da Coruña.

As praias de Chamoso ou de Río Castro, ademais do extenso areal da
Magdalena.

O castro de Eirís, tamén chamado o do alxibe, xa que presenta nun dos
muros un furado que puido ser unha cisterna.

O interesante conxunto de cabaceiros de Xabarís, un deles con reloxo
de sol no seu curuto.

O pazo de Fraián e a igrexa de San Martiño.
Recursos
turísticos:

Restaurante
Muíño Trigo, Turimo activo(PaintBall)
Pechar
|

|