galego*castellano*english*english
localización produto do eume Diputación Coruña Leader Plus Euroeume
novas
Obradoiro de formación para atención a persoas dependentes
Obradoiro de formación para atención a persoas dependentes
04/05/2021
Dende Euroeume, en colaboración co Concello de Monfero, estamos a organizar un Obradoiro de Formación práctica para a atención a persoas dependentes (10h)

Este obradoiro é unha acción formativa sobre primeiros auxilios e mobilización de persoas dependentes dirixida tanto a persoas coidadoras profesionais como non profesionais.

Se che interesa esta formación, xa podes facer a túa PREINSCRICIÓN, presencialmente nas oficinas de servizos sociais do Concello de Monfero, nos teléfonos 981 79 38 85 e 981 44 06 68 ou remitindo ao mail igualdade@euroeume.org a folla de preinscrición que poderás descargar no enlace que se adxunta.

Arquivos relacionados: novasarq_140_1.jpg, novasarq_140_2.pdf