Pontedeume

Habitantes: 8.817

Extensión: 29 km2

Casa do Concello: Rúa Real, 17. 15600
Tlf.: 981 433 054
Fax: 981 433 368

Oficina de Turismo:
Tlf.: 981 430270

Máis información na web da deputación ou na web do Concello de Pontedeume

 

Pontedeume


O labor desenvolvido polos señores de Andrade e o arcebispo Raxoi, naturais desta vila, converteu Pontedeume en xoia arquitectónica. É imposible falar dela e non dos Andrade. A casa nobiliaria máis importante do norte de Galicia no Medievo, tivo o seu berce en Pontedeume. A natureza da desembocadura do río, a praia de Ver e as vistas dende Breamo ou o castelo redondearon a beleza.

Ademais de toda a riqueza histórica e paisaxística, non se debería deixar Pontedeume sen visitar as lonxas de Raxoi, as igrexas de Ombre e de Centroña, o cruceiro de Campolongo, e sen relaxarse na concorrida praia de Ver, nas áreas recreativas de Breamo ou no castelo.


Que ver:

O torreón dos Andrade, no corazón da vila, único resto do grandioso pazo. Cos seus 18 metros de alto é un dos principais exemplos da arquitectura militar medieval en Galicia e é Monumento nacional dende 1924. Nel ubícase o Centro de Interpretación dos Andrade.

A ponte que mandara construír en pedra Fernán Pérez de Andrade, que daquela tiña 78 ou 79 arcos apuntados e no seu curso dúas torres, un hospital de peregrinos no centro, cociña e mais capela. A actual foi construída de novo entre 1864 e 1870.

O castelo de Andrade. A 309 metros de altitude, dende alí domínase todo o val e as Mariñas, ata Malpica. Del queda a torre de vinte metros de altura.

A igrexa de Santiago (XVI-XVIII), que acolle a tumba de Fernando de Andrade, cunha espectacular fachada.

A fermosísima igrexa de San Miguel de Breamo, curioso exemplo do románico galego do XII, monumento histórico artístico dende 1931.


Recursos turísticos:

Casa rural Castelo de Andrade,

cantina Río Covés

e turismo activo: Buceo e Piragüismo

¿onde comer?(Restaurantes)

 

 

Pechar