Nota de Prensa

 

 

 

 

 


 

O Centro de Iniciativas Turísticas  EumeTurismo: nace para Promocionar e comercializar os recursos e servicios turísticos do destino EUME.

 

O CIT EumeTurismo nace para continuar a labor que inicialmente  desenvolveu EuroEume en materia turística,  antes co programa PRODER, e agora co LEADER +. Na súa constitución participaron os nove concellos do territorio, a Asociación EuroEume, a Asociación de Empresarios de Turismo do Eume, A Cámara de Comercio de Ferrol, a Dirección Xeral de Turismo e a Dirección Xeral de Medio Ambiente.

 

Os Centros de Iniciativas Turísticas son entidades sen ánimo de lucro, promovidas para o fomento do turismo nun territorio previamente determinado. No caso de EumeTurismo este territorio  o constitúen os Concellos de A Capela, As Pontes, As Somozas, Cabanas, Moeche, Monfero, Pontedeume, San Sadurniño e Vilarmaior.

 

 

Dotar de eficacia e operatividade  a xestión  turística dunha zona require  a posta en marcha, integración e coordinación dun equipo receptor, que forman aloxamentos, restaurantes, bares,…, e de múltiples servicios (propaganda, axencias, guías, oficinas de información,…) .  Estes dous grupos deben, dun xeito armónico, garantir un desenvolvemento sostible da actividade turística.

ACCIÓNS PREVISTAS

 

As actuacións previstas polo C.I.T. EumeTurismo céntranse en varias áreas diferenciadas.

PROMOCiÓN

As accións que se realizarán no referente á promoción da oferta turísitca do territorio  serán, entre outras: Editar material de promoción, como os catálogso de aloxamentos, gastronomía e natureza; Asistencia a feiras e salóns especializados; Organización de eventos promocionais; Asistencia a work-shops; Realcións coa prensa especializada e funcións de Relacións Públicas e esponsorización.

COMERCIALIZACIÓN

No tocante á comercialización dos productos e servicios turísticos do territorio, vaise realizar un estudio do mercado e coñecemento da demanda, definiranse os mercados obxectivo, así como  contactos e venta con Touroperadores e Axencias de viaxes e a realización dun estudio de cara a posta en marcha dunha central de reservas.

FORMACIÓN

EumeTurismo organizará programas formativos e de reciclaxe para os profesionais do sector, conferencias e charlas, intercambios profesionais e visitas, e promoverá o uso das novas tecnoloxías entre os empresarios de turismo do territorio.

CALIDADE

O Centro de Iniciativas Turísticas implantará o plan de calidade para os aloxamentos do territorio, realizará o seguemento do plan de calidade para Cantinas do eume, e controlará e prestará asesoramento ás empresas turísticas.

COORDINACIÓN E INTERLOCUCIÓN

EumeTurismo vaise ocupar do asesoramento na planificación e inversión do sector turístico, e realizará tarefas de interlocutor entre as distintas  administracións e os axentes do sector.

OFERTA EumeTurismo

 

A oferta turística  que engloba o C.I.T. EumeTurismo  distínguese pola súa orixinalidade, cunha rede de restaurantes únicos, agrupados baixo a marca “Cantinas do Eume”, e un conxunto de aloxamentos de Turismo Rural con posibilidades para tódolos gustos. A oferta turística complementaria xira en torno ó parque natural Fragas do Eume, e as sete rutas temáticas  que abarcan todos os recursos da zona.

 

CANTINAS DO EUME

Nas “Cantinas do  Eume”,  destaca unha carta de comidas axustada á cociña e productos da zona, e unha decoración, que crea un ambiente agradable.

O seu carácter anovador, no referente á hostelería rural, é o desenvolvemento de normas de calidade, o que permite garantir a calidade dos servicios e os productos usados.

 

 

Dentro do que é a marca “Cantinas do Eume” cada establecemento mantén a sua personalidade propia. Algunha destaca polo entorno ou pola singularidade da edificación, se ben as mais delas destacan polo seu coidado aspecto interior e exterior. Cada cantina usa a imaxe da marca de “Cantinas do Eume”, personalizando co seu nome o interior do logotipo, que é a folla do carballo.

 

CASAS DO EUME

Incluidas dentro do conxunto dos aloxamentos de Turismo Rural de Galicia, Casas do Eume ofertan nove aloxamentos rústicos perfectamente acondicionados para disfrutar dun entorno apacible e dunha oferta complementaria nova en Galicia.

Casas “Lourán” e “Don Bernardo”,  en Monfero; Casas “A Lagoa” e “Castoar”, en A Capela; “Casa Outeiro” en San Sadurniño, “Casa da Cancela” e “A Fraga de Torres”,  en Vilarmaior;   “Casa Roca” en As Pontes, e “Casa do Castelo de Andrade” en Pontedeume, ofertan hospitalidade e bo servicio ó cliente.

Ademais o territorio conta con outra serie de aloxamentos, como  son dous albergues, un  en Vilarmaior, de iniciativa privada e que oferta 60 plazas, e outro en A Capela, con 28 plazas e de titularidade pública. O camping “Fragadeume”, situado nunha zona privilexiada do Concello de Monfero, e que consta de 18 bungalows e espacio para 120 persoas, así como tres hoteis de tres estrelas repartidos nos concellos de Cabanas, Pontedeume e A Capela,  así como as varias pensións e hostais repartidas por todo o territorio, completan a oferta de aloxamentos turísticos agrupados baixo a marca “EumeTurismo”.

 

OFERTA COMPLEMENTARIA

 

PARQUE NATURAL FRAGAS DO EUME;

As Fragas do Eume son un ecosistema único en Europa. Agrupadas ás beiras do río do mesmo nome, a extensión arbórea é a mostra principal dun sistema ecolóxico, o bosque atlántico, tan específico gracias á proximidade do mar e as fondas ribeiras do río que o converteu en 1997 en Parque Natural. É, polo tanto, un espacio protexido, pero visitable, que lle dá agradables sorpresas a quen o percorre.

 

RUTA DOS ANDRADE

Desde o  Centro de Interpretación, ubicado no Torreón de Andrade, en Pontedeume, esta ruta conducelle  pola historia desta familia medieval  que tivo baixo o seu dominio un amplo territorio, e que deixou un importante legado dentro do territorio de EumeTurismo e tamén  nos  colindantes.

Poderá visitar as ruinas dos castelos de Andrade, Moeche, Narahío, as pontes de Pontedeume, o de Ferrería, ermidas, igrexas e un sinfín de fermosos lugares.

RUTA DOS MOSTEIROS E DO ROMÁNICO

Nesta ruta percórerense os espacios de maior interese artístico e relixioso da zona. Desde as románticas ruinas do Mosteiro de Caaveiro, á grandiosidade do Mosteiro de Monfero, pasando por espléndidas mostras do Románico con igrexas como S. Miguel de Breamo, Sta. María de Doroña.

RUTAS DA NATUREZA

Pódese descubrir todo o abanico de posibilidades que brinda o territorio a través dunha rede de itinerarios, composta por 20 sendeiros, que artellan un espacio organizado para o ocio.

Pódese atopar unmha guía completa de estas rutas na páxina web de eumeturismo: www.eumeturismo.org

MIRADORES E ESPACIOS PARA O RECREO

Para completar a visión do territorio, ben sexa por medio da contemplación estética ou de experiencias mais participativas, creanse unha serie de miradores e áreas recreativas que faciliten ó visitante a súa inmersión.

PARQUE TEMÁTICO DA ENERXÍA

Presas, centrais hidroeléctricas, minicentrais, parques eólicos, e unha futura planta de coxeneración de biomasa, unidos  á gran cantidade de inxenios espallados na zona rural e que usan o auga como fonte de enerxía, compoñen o este parque temático, cunha variada oferta repartida por todo o territorio.


 

.

Pechar
 

 

 

 

 

 

Logo "Eumeturismo"

 

 

Logo "Cantinas Eume"

 

 

Esquema territorio

 

 

Portadas Folletos

 

    Gastronomía

    Aloxamentos

    Natureza

    Artesáns

 

 

Anuncio revista “Turismo Rural” Especial Fitur 2005

 

 

Eumeturismo na Prensa