|


+ Ampliar
|

|
Rota: Muíños de Andoriña
O río Andoriña atópase rodeado por unha vexetación de ribeira autóctona,
inmersa nun bosque no que se mesturan eucaliptos, bidueiros, salgueiros e
carballos. Neste percorrido atopamos tres muíños que no seu tempo deberon
surtir de fariña a bo número de casas do lugar, así coma a presencia dunha
fábrica de luz da que aínda se conservan o edificio de tixolo e restos da
maquinaria.

|
|