|

|

|
Está situada
estratexicamente a 7 quilómetros da vila medieval de Pontedeume e as súas
praias, a 25 minutos da Coruña e a 45 de Santiago de Compostela, co seu
aeroporto internacional.
Rodeada dunha finca -Chousa do Conde-, de 60.000 m2 de prados e bosques
autóctonos, que lle permite ofrecer un total illamento, co Castelo de Andrade
como veciño máis próximo.
O conxunto de edificios que compoñen a casa, con máis de 300 anos na parte
máis antiga, foi restaurado con absoluto respecto e decorado de modo
harmonioso, introducindo tamén elementos modernos pensados para o confort dos
clientes, como bañeira e duchas de hidromasaxe, colchóns de látex en todas as
habitacións, etc.
Habitacións: 10 dobres con baño, 3 delas con
cama supletoria.

Pechar
|

|

|