Casas rurais

CASA RURAL
CASTOAR

Imaxe Casa Castoar

Tarifas


A casa sitúase nun contorno privilexiado xa que as praias distan só 12 km e a uns 4 km atópase o Mosteiro de Caaveiro, encravado na inmensidade do Parque Natural das Fragas do Eume, un dos últimos bosques atlánticos de Europa.
Moi preto da casa atopamos unha explotación gandeira con vacas, patos e demais animais de granxa, onde o viaxeiro pode participar nos labores cotiáns propios dunha casa con gando e dedicada ó cultivo da terra.
Ademais de descansar, a oferta de actividades para os amantes da acción é moi ampla, con variadas rutas de camiñada polo Forgoselo, a través da fraga ou visitando algún dos muíños, tan abundantes neste territorio.


Habitacións: 4 dobres con baño.

Pechar
 

Mapa de situacion

Mª Carmen Permuy

Tel.: 981 459 115

A Teixeira, 8. A Capela

 

Contacto

Página Web