Casas rurais

ALBERGUE
ALVARELLA

Imaxe Albergue Alvarella

 

 


Albergue situado a escasos minutos de vilas e cidades de interese como Ferrol, Betanzos, Pontedeume ou A Coruña, e de praias como a de Miño, Perbes e Cabanas. As instalacións están dispostas en varias edificacións situadas na finca Alvarella, de 50.000 m2., que conta con diferentes especies autóctonas e numerosas árbores froiteiras.
Entre os edificios que compoñen o albergue destaca unha casa de pedra rehabilitada que data dos anos 40, ou un edificio de nova construcción de características bioclimáticas, e con aproveitamento da enerxía solar. O albergue conta con piscina, comedor, pista polideportiva, pistas de xogos e amplos espacios verdes. Ademais ofrece un variado programa de actividades como rotas de camiñada e a cabalo, piragüísmo, xogos ambientais ou estudio das enerxías renovables.



Dúas das habitacións están adaptadas a persoas con minusvalías.

Pechar
 

Mapa de situacion

ALVARELLA ECOTURISMO S.L.

Tlf./Fax: 981 798 863

Breanca, Doroña s/n
Vilarmaior

Contacto
Páxina web