Casas rurais ALBERGUE
BARREIRO
Imaxe Albergue Barreiro
Está situado a 3,5 km das Neves, a 12 km das praias de Cabanas e Pontedeume e a escasos das Fragas do Eume e a serra do Forgoselo.
Os edificios que o compoñen foron dúas antigas esclas rurais. Unha delas foi construída por iniciativa dos veciños que aportaron pedra e madeira, e nela traballaron tres canteiros durante tres anos; a segunda construíuse a finais dos anos 50 para ser Escola de Nenas. Nos anos oitenta quedaron en desuso e o Concello da Capela rehabilitounas para funcionaren como albergue turístico.
Ademais das habitacións, contan cunha ampla sala con cheminea, comedor, dúas cociñas, zona de duchas e servicios, calefacción, zona verde e aparcadoiro.
O albergue dispón de bicicletas e quads de dúas prazas para realizar diversas rutas polas fermosas paisaxes da Fraga do Eume e da serra do Forgoselo.


Prazas: 30 (4 con baño para 4 persoas e 2 para 6 persoas)



Pechar
 


Mapa de situacion
Albergue do Barreiro

Tel.: 981 459 129

As Neves • A Capela


Páxina web