 |
 |
Este restaurante atópase a dous quilómetros do Mosteiro de Monfero. A súa historia comezou aló polo 1926, cando o avó da actual propietaria abriu no local unha tenda-bar, canso do seu oficio de xastre. En tempos da posguerra foi o centro de distribución do racionamento, e hoxe en día conserva o aire dos anos vinte gracias á súa decoración, que conta con numerosos obxectos rescatados do esquecemento. Sobresae a súa variedade de pratos da cociña de sempre. Entre as súas especialidades figuran as tortillas, o lacón recheo e os doces caseiros.
Capacidade: 50 prazas
Pechar
|
 |

 |
 |
María José Sas Porcas
e Antonio García Varela

Tlf.: 981 793 803
 As Travesas Monfero
 2 garfos |
|