Casas rurais RESTAURANTE
MUÍÑO TRIGO
Imaxe restaurante Muíño Trigo
Este restaurante ubicado en San Martiño do Porto, é un dos moitos muíños que existían na canle do río Castro. O seu nome vén da familia Trigo, que posúe o emplazamento dende o século XIX. Ata hai 25 anos, o muíño seguía a traballar como tal constituíndo un punto de reunión para os veciño que ían moer trigo, millo ou centeo. Ás fermosas vistas da praia de Cabanas e do río Castro que se poden contemplar dende a casa súmase o aliciente dunha excelente cociña caseira. Entre as especialidades do restaurante atópanse todo tipo de peixes, as filloas recheas de marisco, os ovos entoldados, e postres como a torta de noces con tona.

Capacidade: 40 prazas


Pechar
 


Mapa de situacion
Josefa Trigo Anido

Tlfs.: 981 432 185

San Martiño do Porto • Cabanas

2 garfos