 |
 |
Conta a lenda que durante a guerra da Independencia un militar francés, engaiolado coa fermosura dunha moza do lugar, buscou refuxio nos seus arredores. Isto fixo que os veciños lle desen á paraxe o nome do "Francés", nome que adoptou tamén a casa construída polo pai da actual propietaria, en 1944. Ademais de destacar polos seus pratos, como cabrito en forno de pedra ou o bacallau, "O Francés" merece respecto pola coidada restauración do local. O rigor e a orixinalidade da tarefa, fixeron merecedora a esta cantina dun diploma no apartado de rehabilitación do Premio Bianual de Arquitectura "Rodolfo Ucha Piñeiro" do ano 2001.
Capacidade: 60 prazas
Pechar
|
 |

 |
 |
Mª Rosario Maceiras García

Tlf.: 981 793 843

San Fiz. Lugar do Francés, 6 Monfero

2 garfos |
|