|
Roteiro: Da Ponte do Muíño á de
Arnelas
O percorrido transcorre por terras de Vilarmaior
na fronteira co concello de Monfero
e na beira do río Vilariño. Atopamos camiños abrigados polas sombras das
árbores e cubertos de variedades de fentos, mofos e brións. Son sendeiros
húmidos e ricos en vexetación. Resulta interesante fixarse nas
construccións de lugares coma Sestelo, porque fan parte do legado cultural
da creación popular.

|