|

|
San Sadurniño
ocupa un fértil val, o que forma o río Grande de Xubia, algo troiteiro no
couto, e moi agradable para pasear polas súas ribeiras. Contra o sur, sobre o
estreito val do río Castro, érguense os máis elevados montes que van dar na
Serra do Forgoselo. Nestes montes, terra de lobos, críanse cabalos en estados
salvaxes, e ata hai uns anos aínda se celebraba a festa do curro na aldeíña
de Miguelares.
Hai séculos, San Sadurniño era o núcleo administrativo da comarca. De restos:
pazos, un fermoso castelo, e lugares de encanto e sabor de avoengo, que
fixeron que se lle dese en chamar a vila da tranquilidade. Aínda hai xente
que lembra as estadías de verán da marquesa de San Sadurniño, grande de
España e posuidora dun ducado, dous marquesados e un vicecondado. Pero a
señora morreu en 1953 e a edificación, que xa fora víctima de violentas
reformas, entrou en fase de absoluta decadencia.
Que ver:

O castelo de
Naraío, situado
nunha paraxe de formidable valor natural e paisaxístico. Abandonado dende o
século XVII, a ruína foi facéndose cargo del, pero queda, con todo bastante
ben conservada, a torre da homenaxe, duns 16 metros de altura.

O fermoso claustro columnado e dous escudos nas esquinas da torre, na Avenida
do Marqués, resto do pazo da duquesa.

A igrexa templaria, edificada polos condes de Andrade a comezos do
século XVI, e que foi despois convento do Rosario.
Recursos
turísticos:

Casa rural
Outeiro.
Pechar
|

|