Vista dende Cabanas
Torreón dos Andrade
Vista da desembocadura do Eume
Vista do "Feirón" na Praza do Conde
Antigo Convento S. Agustín


 

Pontedeume e o Torreón de Andrade

 

 

 

O conxunto histórico de Pontedeume é unha xoia da arquitectura medieval con rúas estreitas e peadas, flanqueadas por soportais que servían para resgardarse da choiva durante os longos invernos. Os baixos destes soportais albergan hoxe un bo número de mesones, e restaurantes que constitúen unha zona de tapeo moi concurrida durante todo o ano.  Consérvanse diferentes exemplos da arquitectura medieval: o pazo do arcebispo Raxoi,  o convento de San Agustín coa súa fachada renacentista do século XVI, a capela das Virtudes e do Souto do XIV, ...

Edificio de Cátedra
Pazo de Raxoi

A ponte medieval, que lle dá nome á vila, foi o viaducto máis importante e o máis longo de España ata a época moderna. Hoxe en día ten 15 arcos de medio punto, pero en orixe tiña 79.

Do antigo Pazo dos Condes, datado na segunda metade do século XIV, só queda o Torreón de Andrade. O pazo ocupaba o que hoxe é a Praza do Conde, a fonte e o mercado. O Torreón é de pranta cadrada e está coroado por almeas. Na base do muro sur hai un escudo coas 18 bandeiras gañadas aos franceses por Fernán Pérez de Andrade en Semínara no 1503, os seis roeles dos Castro de Lemos e a barra dos Andrade. Un anxo sostén a inscripción “Nolite Nocere”, é dicir, non fagades dano. Actualmente o Torreón alberga o Centro de Interpretación dos Andrade e a Oficina de turismo de Pontedeume. Na  veciña Praza do Conde celebrase o “FEIRÓN”, un mercado semanal que cada sábado concentra a unha multitude de xente que se achega dende os concellos próximos

Escudo Torreón de Andrade
Pontedeume na Idade Media

“Conta a lenda que o mozo Ledán atravesaba cada noites o río Eume para ver á súa moza Minla, filla dos Andrade, na outra beira da ría, pero unha noite Ledán morreu no intento de ver á súa namorada. Minla pedíulle ao demo que construira unha ponte sobre a ría para poder ver o cadáver do seu amado. En troques ela daríalle a súa alma sempre que a construíra nunha noite, antes que cantara o galo. O demo comezou a construción e cando cantou o galo aínda lle faltaba un arco, polo que Minla conservou a súa alma, e cun pequeno chimpo puido chegar á outra beira e velo corpo de Ledán. Os Andrade, en agradecemento a este feito ergueron a capela e mailo hospital de peregrinos”

 

Voltar Pechar