|

|
Vilarmaior é
un concello pequeniño, vizoso en paisaxes e ríos, de poboación dispersa.
Prototipo das terras do interior da Coruña, por aquí cruzaba o vello camiño a
Santiago, e aquí realízase a feira das flores (o 3º domingo de maio no
Trece), única na contorna.
O curso dos ríos Lambre e Baxoi, que limitan o concello, deixan nel ribeiras
de mesta vexetación, prados e un ronsel de recantos agradables para o lecer.
Neles, e nos seus afluentes, abrochan aquí e acolá muíños, pontes, machucos,
entre os que recomendamos os que descansan nas augas do Andoriña.
Que ver:

O castro de
Grandal, do que
se conserva unha estela funeraria no museo arqueolóxico da Coruña.

A Igrexa de Santa María de Doroña. O edificio máis salientable do
concello, co peculiar coberto que protexe a súa entrada.

A casa rectoral de San Xurxo de Torres (XVII-XVIII).

Cruceiro neoclásico de San Xurxo de Torres (XVIII).
Recursos
turísticos:

Casa rural
A Cancela, albergue
Alvarella, restaurante
Garabana, cantina O
Tres e Turismo
Activo
Pechar
|

|